Reloj

jueves, 27 de diciembre de 2012

Pablo Abruñedo ficha por Ribera Navarra

O noso ex xogador Pablo Abruñedo acaba de fichar polo equipo de primeira Division Ribera Navarra, despois de desprazarse a traballar a Tudela no mes de Outubro en onde estivo adestrando todo este tempo co conxunto navarro, o tecnico do conxunto de Tudela, o brasileiro Pato, decidiu facerlle ficha debido a praga de lesions que esta sufrindo o conxunto e a imposibilidade de fichar por motivos economicos.
Seguro que as gañas de triunfar de Pablo faranlle gozar de minutos no conxunto navarro, se dubida unha gran noticia para Pablo, pero tamen para o Amoedo FS, equipo de sempre de Pablo.
No vindeiro mes de Xaneiro organizaremos unha viaxe a Santiago para ver xogar a Pablo no seu partido de liga diante do Santiago Futsal, todolos interesados que se vaian pondo en contacto con ns mediante o numero de telefono de Felipe, director de Marketing e Telecomunicacions do clube.

Sorte Pablo

1 comentario:

  1. A miña mais sincera noraboa Pablo, merecelo de verdade, a tua constancia e gañas de aprender sempre foron enormes, por iso estou seguro que triunfaras, dende hoxe son un seguidor mais do equipo de Navarra.

    SORTE RIFLE

    Fran

    ResponderEliminar

Vistas de página en total

Contacta co Amoedo FS

Email: Amoedo_fs2010@hotmail.com
Liga A Lama 661017588 (Tony)
Liga Pazos 680482358 (Javi)
Diverchan Amoedo 647582769 (Primi)