Gran victoria do Amoedo "A" ante o "B" nun partido vibrante con moita emocion e polemica.
Como bo derby o partido tivo de todo, alternancia no dominio e en ventaxa no resultado, polemica arbitral, goles anulados, balon ao pau, etc etc, pero ao final o "A" levouse o derby e suma 3 valiosos puntos para achegarse aos postos altos da taboa.
Na liga de Teisderrote por 7-5, polo que a permanencia ainda non esta asegurada.
Na Lama derrota por 4-2 , pero o equipo esta mellorando e cada vez esta mais preto de sumar a sua primeira victoria.
Na liga de futbol derrota do Petapouco nun partido estranisimo por 1-6 ante o Casas.
Pero o grave ven no partido do Diverchan, a primeira parte foi de total dominio "verde" e foise gañando 0-1 e errando numerosas oportunidades de gol, pero na segunda parte o "señor trencilla" dedicouse a sacar do partido aos nosos e propiciou que o Saxamonde remontase e gañase 2-1.
Tan so 5 faltas fixeron os nosos en 91 minutos(tan so 1 minuto de añadido na segunda parte a pesar das expulsions e multiples para parons para ir buscar os balons a "casa de dios"), cousa suficiente para que este "señor" nos sacase 4 amarelas e 1 vermella, ademais de isto este señor dedicou cousas aos nosos afeccionados e xogadores como " sei onde tes o negocio,e sei quen eres" ou "vouche meter unhas ostias", cousas dificles de entender, primeiro por educacion e segundo por que o primeiro partido que nos pitaba este ano este "artista".
Igual que fixemos o ano pasado coa liga de Redondela de futbol sala, estamos plantexando a posibilidade de cambiar de liga, xa que nos non estaremos onde non nos queiran(despois igual se tiran dos pelos), non entendemos arbitraxes como o deste domingo, que pareceu que dende o primeiro minuto "queria dar emocion a liga".
O peor de todo non e a derrota(podiase perder igual se o arbitro estivese correcto), o pero de todo e que temos sancionados para este Domingo ante o Alvarez, e sumamos cartons inmerecidos, cando sexamos moi probablemente o equipo que menos faltas fai da competicion.
Hai moitas ligas de futbol os domingos e se non nos queren nesta que no lo digan, NOS NON QUEREMOS ESTAR ONDE "MOLESTEMOS"
Actualidade dos equipos de futbol sala de Amoedo que xogan nas ligas locais de Pazos e Teis, asi como da liga de futbol da comarca de Redondela e do Torneo Amistad da area metropolitana de Vigo.
Reloj
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
-
►
2012
(46)
- ► septiembre (3)
Vistas de página en total
Contacta co Amoedo FS
Email: Amoedo_fs2010@hotmail.com
Liga A Lama 661017588 (Tony)
Liga Pazos 680482358 (Javi)
Diverchan Amoedo 647582769 (Primi)
No hay comentarios:
Publicar un comentario