Reloj

lunes, 27 de junio de 2011

Campions

O Amoedo F.S conseguiu este sabado o titulo de campion no campionato provincial de ligas locais, no cal participaqron equipos da liga da Lama, Coruxo, Teis, Vilaboa, Pazos e Mos.

Na primeira fase derrotouse por 3-2 tanto ao Persianas Minn como ao Fonserma FS, co cal se pasaba de primeiros de grupo e se pasaba diectamente a cuartos de final sen xogar oitavos de final.

En cuartos xogouse o peor partido do campuionato sen dubida, o Persianas Minn(subcampion da liga da Lama) puxo en apuros ao equipo amoedes, que tan so nunha longa tanda de penalties, tras remontar un 2-0 en contra sacando porteiro xogador foi capaz de gañalo partido.
Nas semifinais enfrontabase a un dos grandes favoritos, o Suyman Carballal(campion de Teis), que puxo en moitos apretos aos nosos nun apasionante e disputado partido que decidiu Eloy a falta de tan so 50 segundos facendo o 6-5.
Na gran final, enfrontabamonos a un Moscoso Futsal moi reforzado, con xente como Iago,Lula ou Jaime. Ademais chegabamos coas baixas de Tony,Eloy e Manu, polo que as cousas non pintaban nada ben, pero o equipo fixo probablemente o mellor partido da temporada e derrotou con bastante solvencia aos Moscosenses por 5-2.
Importante e valioso titulo o conseguido este sabado, o que non fai mais que dar mais brillo a unha gran tenmporada.

Esperamos que este torneo se consolide e o ano que ven o poidamos voltar a disputar.

Grazas a todolos equipos pola sua participacion e as organizacions das ligas implicadas pola sua colaboracion.



Xa cambiando de tema, este sabado comeza a liga de veran de Teis, xogamos este sabado as 12 nas Coutadas, quedamos as 11 na cultural.

Ademais a cea celebrarase o dia 9 de xuño, asi que ide confirmando a vosa asistencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total

Contacta co Amoedo FS

Email: Amoedo_fs2010@hotmail.com
Liga A Lama 661017588 (Tony)
Liga Pazos 680482358 (Javi)
Diverchan Amoedo 647582769 (Primi)