Reloj

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Gracias Rodas!!!!!!!!!!!!!!

Todo o relacionado cos diferentes equipos queda nun segundo plano trala morte do noso delegado Arlindo.
Arlindo era unha desas persoas que se desvivia por botarnos unha man en todo o que podia, sempre o tiñamos ahi para pintar o campo, encender os calentadores etc etc.
Probablemente fose das persoas mais coñecidas e queridas de todo o Concello, e por iso nos sentimos orgullosos de dicir que Arlindo formou parte desta maravillosa familia que formamos conxuntamente Amoedo e Moscoso en temas de futbol sala e futbol.
Dende este blog queremos agradecerlle este onde este todo este traballo que fixo(desinteresadamente sempre) para que nos puidesemos disfrutar do deporte que nos gusta.

GRACIAS ARLINDO, XAMAIS TE ESQUECEREMOS.


No meramente deportivo o equipo da liga de Pazos sumou a sua segunda victoria tras derrotar a Meson La Isla por 4-2(Goles de Diego en duas ocasions, Guille e Lolo)e suma 6 puntos consolidandose nos postos altos, para a semana xogamos martes as 11 ante Cruz de Pazos nun apasionante e igualado derby.

O Diverchan ganou 1-3 en Vilaboa ao Frinova, e este domingo recibe as 9:45 na Lameira ao Taleres Marcial no que sera un partido para rendirlle homenaxe a Arlindo, asi que pedimos que todo o mundo que poida se acerque ata a Lameira este domingo a mañan.


martes, 18 de septiembre de 2012

Primeira sufrida victoria

O equipo da liga de Pazos comezou vencendo por 3-2 a un correoso Ventosela, hai que mellorar moito se queremos estar na zona alta, os goleadores foron Fran, Pablo e Diego.

En Teis gañamos 10 -6 ao Seedes e 3-0 ao Consenso polo que acabamos cuartos a liga de veran.

O Diverchan gañou o ultimo encontro de pretemporada ( tras tres derrotas por 3-2 ante Nespereira, Casas e Paetapouco respectivamente) por 2-5 ante o Bandeira.
O Domingo comeza a liga, sera as 10 ante o Frinova no campo de Vilaboa, quedamos as 8,45 na gasolinera.

O debut no torneo amistad estivo marcado polas baixas, e caimos derrotados por 3-1, pero esperamos irnos coñecendo pouco a pouco, pois o equipo esta formado por xente que moi poucas veces xogamos xuntos.

Por outro lado estamos buscando xente para seguir participando nas ligas de A Lama e Teis, pois son moitas as moitas baixas seguras nos planteis das duas ligas, se alguen do pobo(ou que non sexa do pobo) quere xogar que se poña en contacto con nos, pois tentaremos seguir participando nestas 2 ligas onde levamos tanto tempo, sobre todo en Teis que levamos 8 anos e foi onde naceu o clube.


viernes, 14 de septiembre de 2012

Empezan as ligas

Este vindeiro martes as 23 horas o equipo da liga de Pazos debutara ante o Ventosela na primeira xornada de liga, o equipo comezara co obxectivo de salvar a categoria,pero non renuncia a nada.

O equipo de nova creacion no torneo amistad dos sabados tarde(co patrocinio de Tapial) xogara o sabado na Madroa as 19:30 ante o 5 Jotas o primer partido de liga(herdamos unha praza na primeira divison do San Simon)

O Diverchan xogara o ultimo amigable este domingo as 10 no Carballal ante o Bandeira antes do comezo da liga o vindeiro domingo.

En Teis o equipo remata a liga de veran este sabado con 2 partidos, as 9 no Centro Civico e as 11 en Coutadas.

Vistas de página en total

17199

Contacta co Amoedo FS

Email: Amoedo_fs2010@hotmail.com
Liga A Lama 661017588 (Tony)
Liga Pazos 680482358 (Javi)
Diverchan Amoedo 647582769 (Primi)